Día das Letras Galegas 2017: Dereitos de autor

O 17 de maio celébrase en Galicia o día das Letras Galegas, un día de aniversario da lingua galega a través da súa literatura. Dende 1963 dedícaselle ese día de cada ano a unha figura significativa da literatura galega. Na honra deste día e dos autores galegos vemos útil escribir sobre a protección dos dereitos de autoría, pois a única condición para ser homenaxeado con este día é a de que o autor leve un mínimo de 10 anos falecido. Pero, sabedes que ocorre cos dereitos de autoría dunha persoa falecida?

Antes de nada temos que definir os dereitos de autoría, que son un conxunto de normas e principios que regulan os dereitos que a lei concede ás persoas autoras, polo feito da creación dunha obra literaria, artística ou científica, tanto publicada ou que aínda non se publicou.
Son unha forma de protección que a lei outorga ás persoas autoras, creadoras, tradutoras, investigadoras ou artistas de obras orixinais, ben sexan literarias, dramáticas, musicais, artísticas e intelectuais.

Os dereitos de autoría poden ser patrimoniais ou morais:

·Dereitos patrimoniais: son todos aqueles que definen a explotación da obra, as retribucións polo seu uso, a súa distribución, reprodución e difusión, etc. Poden ser cedidos, vendidos e transferidos.

Respecto da súa duración, na actualidade e en virtude da Ley de Propiedade Intelectual (LPI), a modo xeral e para o caso dun só autor, os dereitos de explotación dunha obra duran toda a vida do autor e 70 anos despois do seu falecemento.

Pero dentro dos dereitos de explotación da obra podemos distinguir diferentes supostos:

-Dereitos de explotación de obras anónimas e seudónimas: 70 anos dende a súa divulgación lícita.
-Dereitos de explotación de obras en colaboración: durarán toda a vida dos coautores e 70 anos dende a morte ou declaración de falecemento do último coautor supervivente.
-Dereitos de explotación sobre as obras colectivas: durarán 70 anos dende a divulgación lícita da obra protexida. No caso de obras divulgadas por partes, volumes, entregas ou fascículos que non sexan independentes computaráse por separado para cada elemento.

Pasados os 70 anos de duración dos dereitos de autor, a obra pasa a ser de dominio público e poderá ser empregada por calquera, sempre que se respete a súa autoría e integridade.

·Dereitos morais: protexen a autoría da obra. Non se poden ceder, vender ou transferir, son perpetuos e independentes da licencia da obra, e incluso sendo de dominio público, os dereitos morais do autor deben ser recoñecidos. Son dereitos morais os de paternidade, integridade e divulgación.

Estes non se transmiten inter vivos, pero sobreviven ao seu titular. A LPI outorga lexitimidade aos sinalados polo autor no seu testamento, no seu defecto aos seus herdeiros, e no defecto de ambos ou ignorándose o seu paradoiro ás administracións públicas estatal, autonómica, local e institucional de carácter cultural, para o exercicio dos dereitos de paternidade, integridade e divulgación. No canto dos restantes dereitos morais (modificación, retirada, acceso a exemplar único), estes extínguense coa vida do autor.

Por poñer exemplos, o homenaxeado nas Letras Galegas neste ano 2017, Carlos Casares, faleceu fai tan só 15 anos, polo que os seus dereitos patrimoniais aínda non son de dominio público, mentres que os da primeira homenaxeada nas Letras Galegas, Rosalía de Castro, si que o son, pois faleceu fai 131 anos, en 1885.

Yamil Doval
Sistemius

Publicaciones relacionadas

¿Puede acceder cualquier profesional sanitario a los datos de salud de mi historia clínica?

La AEPD continúa recibiendo reclamaciones por accesos indebidos de profesionales sanitarios a las historias clínicas de los pacientes sin legitimación alguna. Los profesionales sanitarios desconocen las consecuencias jurídicas graves que ...

Adaptación a la normativa de protección de datos: el reto de las empresas en 2021

La Covid 19 ha demostrado la vulnerabilidad que tiene la población global para defenderse frente a amenazas invisibles. Y, esa capacidad de defensa tan mermada guarda mucha relación, precisamente, con ...

Uso de software de manera ilegal

¿Si alguien usa mi software de manera ilegal puedo utilizar los datos que acreditan ese uso fraudulento? En caso de que no pueda ¿bastaría que incluya esto en mi página ...

Deja un comentario

PROTECCIÓN DE DATOS: De conformidad con las normativas de protección de datos, le facilitamos la siguiente información del tratamiento: Responsable: FORMAS, SISTEMAS Y SOLUCIONES S.L. Fines del tratamiento: publicar comentarios en las publicaciones. Derechos que le asisten: acceso, rectificación, portabilidad, supresión, limitación y oposición. Más información del tratamiento en la Política de privacidad.

Suscríbete a nuestro boletín informativo


PROTECCIÓN DE DATOS: De conformidad con las normativas de protección de datos, le facilitamos la siguiente información del tratamiento: Responsable: FORMAS, SISTEMAS Y SOLUCIONES S.L. Fines del tratamiento: mantener una relación comercial y responder a los mensajes recibidos. Derechos que le asisten: acceso, rectificación, portabilidad, supresión, limitación y oposición. Más información del tratamiento en la Política de privacidad.

Atendemos consultas en el ámbito jurídico-tecnológico

Ofrecemos asistencia telefónica y a través de Skype.

info@sistemius.com

654 585 144

Skype

PROTECCIÓN DE DATOS: De conformidad con las normativas de protección de datos, le facilitamos la siguiente información del tratamiento: Responsable: FORMAS, SISTEMAS Y SOLUCIONES S.L. Fines del tratamiento: mantener una relación comercial y responder a los mensajes recibidos. Derechos que le asisten: acceso, rectificación, portabilidad, supresión, limitación y oposición. Más información del tratamiento en la Política de privacidad.

¡Hola! ¿Puedo ayudarte?